Estación de Figueres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°15′54″N 2°58′08″L / 42.265094444444, 2.9687916666667

Figueres
O Estrella Costa Brava na estación
SituaciónFigueres (Xirona)
Servizosrestauración
Liñas
Longa DistanciaEstrella, Talgo, Trenhotel
Media distancia
Intermodalidade
Outros

Figueres é unha estación de ferrocarril de Adif situada ao leste do centro histórico de Figueres, na provincia de Xirona. A estación está na liña Barcelona-Xirona-Portbou e teñen parada trens da liña R11 de Rodalies de Catalunya operados por Renfe Operadora. Ademais de trens rexionais, tamén efectuan parada trens de Longa distancia, entre eles tres Trenhoteles a cidades europeas.

Os trens de alta velocidade non efectúan parada nesta estación; fano na estación situada no concello de Vilafant, que recibe o nome de estación de Figueres-Vilafant.

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi inaugurada o 28 de outubro de 1877 coa posta en marcha do tramo Xirona-Figueres da liña que pretendía unir Barcelona coa fronteira francesa. As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Tarragona a Barcelona e Francia ou TBF fundada en 1875. En 1889, TBF acordou fusionarse coa poderosa MZA. Devandita fusión mantívose ata que en 1941 a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición de todas as compañías privadas existentes e a creación de Renfe.

O 10 de febreiro de 1965, Jorge Vigón, Ministro de Obras Públicas da época, inaugurou o novo edificio da estación de Figueres substituíndo o construído en 1877. En total este novo recinto de dúas plantas tivo un custo de máis de 3 millóns de pesetas.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Media Distancia[editar | editar a fonte]

<< Orixe/destino < Estación Liña Estación > Destino/orixe >>
Barcelona-Sants Vilamalla
Flaçà[1]
Vilajuïga
Llançà[2]
terminal
Portbou / Cerbère

Longa Distancia[editar | editar a fonte]

Nome do servizo Destino Paradas intermedias Observacións
Talgo
Mare Nostrum
Cartagena Xirona · Barcelona-Sants · Tarragona · Salou · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Vinaròs · Benicarló-Peñíscola · Benicàssim · Castelló de la Plana · València-Nord · Xàtiva · Elda-Petrer · Villena · Alacant-Terminal · Elx-Parc · Orihuela · Murcia del Carmen · Balsicas-Mar Menor · Torre Pacheco
Montpellier-Saint Roch Portbou · Cerbère · Perpiñán · Narbona · Béziers
Trenhotel
Pau Casals
Barcelona-Estació de França Xirona Este Trenhotel está xestionado por Elipsos.
Zürich HB Perpiñán · Xenebra · Lausanne · Friburgo · Berna HB
Trenhotel
Salvador Dalí
Barcelona-Estació de França Xirona Este Trenhotel está xestionado por Elipsos.
Milano Centrale Perpiñán · Bardonecchia · Torino-Porta Susa · Novara
Trenhotel
Joan Miró
Barcelona-Estació de França Xirona Este Trenhotel está xestionado por Elipsos.
París-Austerlitz Limoges · Orleáns-Les Aubrais
Estrella
Costa Brava
Madrid-Chamartín Flaçà · Xirona · Caldes de Malavella · Granollers Centre · Barcelona-Sants · Sant Vicenç de Calders · Tarragona · Reus · Zaragoza-Delicias · Calatayud · Arcos de Jalón · Sigüenza · Guadalaxara · Alcalá de Henares
Portbou /
Cerbère[3]
Llançà

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Os Catalunya Exprés non efectuan paradas entre Figueres e Flaçà, sendo a seguinte ou anterior a estación de Flaçà.
  2. Algúns rexionais non efectúan parada en Vilajuïga sendo a seguinte ou anterior a estación de Llançà.
  3. Sae de Portbou pero chega a Cerbère

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]