Estación de Elx - Parc
Entrada á estación |
|
| Concello: | Elx |
| Servizos: | |
| Alta Velocidade: | |
| Longa Distancia: | Talgo |
| Media Distancia: | L-1 |
| Proximidades: | |
| FEVE: | |
| Metro: | |
| Autobuses: | |
| Outros: | |
| Máis información: | {{{web}}} |
Elx-Parc é unha estación de ferrocarril da liña Alacant-Murcia situada baixo a Avenida do Ferrocarril da cidade de Elx na intersección coa rúa da nosa Señora da Cabeza.
Por esta estación circulan trens Talgo Barcelona-Lorca, Barcelona-Murcia e Cartagena-Montpellier, trens da liña L-1 de Media distancia Renfe e os trens da liña C-1 de Proximidades Murcia/Alacant.
Índice |
Historia [editar]
Na década de 1960 o gran crecemento de Elx propiciou a construción dun túnel ferroviario de 5,5 km polo que pasa a liña Alacant-Murcia, creándose nese momento as estacións actuais que posúe a cidade de Elx. O nome débese á proximidade ao Parque Municipal de Elx.
Dá servizo de acceso ferroviario á Universidade Miguel Hernández, ao Conservatorio municipal e á Escola Oficial de Idiomas de Elx.
Servizos ferroviarios [editar]
Longo Percorrido [editar]
| Tren | Orixe/destino | Estacións intermedias | Observacións |
|---|---|---|---|
| Talgo | Lorca-Sutullena | Orihuela · Murcia del Carmen · Alhama de Murcia · Totana | 1 tren ao día |
| Barcelona-Sants | Alacant-Terminal · Elda-Petrer · Villena · Xàtiva · València-Nord · Castelló de la Plana · Benicàssim · Benicarló-Peñíscola · Vinaròs · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Salou · Tarragona | 2 trens ao día | |
| Murcia del Carmen | Orihuela | 1 tren ao día | |
| Talgo Mare Nostrum | Cartagena | Orihuela · Murcia del Carmen · Balsicas-Mar Menor · Torre Pacheco | 1 tren ao día |
| Montpellier Saint-Roch | Alacant-Terminal · Elda-Petrer · Villena · Xàtiva · València-Nord · Castelló de la Plana · Benicàssim · Benicarló-Peñíscola · Vinaròs · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Cambrils · Salou · Tarragona · Barcelona-Sants · Xirona · Figueres · Portbou · Cerbere · Perpiñán · Narbona · Béziers | 1 tren ao día Cambio de ancho en Portbou |
Media Distancia [editar]
| Liña | << | >> | Material móbil |
|---|---|---|---|
| L-1 | València-Nord | Murcia del Carmen Cartagena |
S-592 |
Proximidades [editar]
| Destino/orixe | < Estación | Liña | Estación > | Orixe/destino |
|---|---|---|---|---|
| Murcia del Carmen | Elx-Carrús | Torrellano San Gabriel[1] |
Alacant-Terminal |
Notas [editar]
- ↑ Estación seguinte ou anterior nos trens CIVIS