Estación de Zaragoza - Delicias
Vista exterior da estación |
|
| Concello: | Zaragoza |
| Servizos: | |
| Alta Velocidade: | |
| Longa Distancia: | Alvia, Estrella, Talgo, Trenhotel |
| Media Distancia: | L-6, R-4, R-5, R-28, R-32, R-41, R-42, R-43 |
| Proximidades: | |
| FEVE: | |
| Metro: | |
| Autobuses: | |
| Outros: | Estación Central de Autobuses, biZi, TUZSA 34 51 Ci1 Ci2 |
| Máis información: | {{{web}}} |
A Estación Intermodal de Zaragoza - Delicias é unha estación de ferrocarril e autobuses situada na cidade aragonesa de Zaragoza.
É un edificio de gran envergadura, inaugurado o 7 de maio de 2003 e que ademais, dende o 5 de maio de 2007 alberga ademais a Estación Central de Autobuses. Desde o 11 de xuño de 2008, tres días antes da inauguración da Exposición Internacional de 2008, opera o servizo de proximidades nas vías 7 e 8.
Índice |
Historia [editar]
Foi proxectada polos arquitectos Carlos Ferrater, José María Valero e Félix Arranz, o enxeñeiro de camiños Juan Calvo e o enxeñeiro de instalacións Juan Broseta, de Enxeñería Proxectos Civís e Tecnolóxicos SA, de Valencia. É unha estación cun gran espazo interior de máis de seiscentos metros de longo por cento oitenta de ancho, configurado por tres vestíbulos que organizan as circulacións dos viaxeiros a través dunha zona de saídas e outra de chegadas e o "transfer", a través dun acceso central subterráneo.
Dispón de 18,8 ha repartidas entre os servizos destinados a visitantes en xeral e os espazos ocupados directamente para funcións de transporte. Só para o transporte ferroviario conta con oito plataformas cunha lonxitude de 400 metros cada unha.
Un dos elementos máis novos deste proxecto é a súa cuberta, que desde a distancia ofrece un perfil insólito cos seus grandes arcos en diagonal sobre o corpo do edificio, unha cuberta de tetraedros que captan a luz e a súa gran dimensión, rememorando unha catenaria investida.
A cuberta principal ten unha superficie de 40.000 m² e está composta por unha malla triangular a modo de taboleiro de xadrez, de triángulos alternos de luz e de sombra, que dotan á estación de luz natural. Na zona central de plataformas a altura do teito chega a ser de 30 metros, nunha zona onde non existe nin un só alicerce que sustente as 4 hectáreas de teito infestado de lucernarios dispostos en forma de malla triangular.
Obtivo o Premio FAD de arquitectura en 2004 e o Premio Brunel no ano 2005 no seu 22ª edición.
Servizos ferroviarios [editar]
Proximidades Zaragoza [editar]
- C-1: Casetas - Miraflores
Media Distancia [editar]
- L-6: Zaragoza-Delicias - Teruel - València-Nord
- R-4: Zaragoza-Delicias - Arcos de Jalón - Madrid-Chamartín
- R-5: Calatayud - Zaragoza-Delicias - Huesca - Jaca
- R-28: Zaragoza-Delicias - Castejón - Logroño - Miranda de Ebro
- R-32: Zaragoza-Delicias - Pamplona - Vitoria
- R-41: Zaragoza-Delicias - Huesca - Canfranc
- R-42: Zaragoza-Delicias - Caspe - Barcelona-Sants
- R-43: Zaragoza-Delicias - Lleida-Pirineus
Longa Distancia [editar]
| Nome do tren | Destinos | Estacións intermedias | Observacións |
|---|---|---|---|
| Trenhotel Galicia |
Barcelona-Sants | Lleida-Pirineus · Camp de Tarragona | vía L.A.V. Madrid-Barcelona ata Zaragoza 1 tren ao día por destino |
| A Coruña-San Cristovo | Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta | ||
| Vigo | As mesmas que a rama da Coruña ata Monforte de Lemos e ademais: Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela |
||
| Trenhotel Pío Baroja |
Barcelona-Sants | Lleida-Pirineus · Camp de Tarragona | |
| Xixón-Cercanías | Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Calahorra · Logroño · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Oviedo · Xixón-Jovellanos |
Galería de imaxes [editar]
|