Estación de Calatayud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°20′48″N 1°38′18″O / 41.34666667, -1.63833333

Calatayud
Fachada da estación de Calatayud
SituaciónCalatayud (Zaragoza)
Servizosaseoscarros portavultosaparcadoiro
servizos adaptadosaseos para persoas con discapacidadeaparcadoiros para persoas con discapacidadesvenda de billetes
Liñas
Alta velocidadeAVE, Avant
Longa DistanciaAlvia
Media distanciaRexional, Rexional Exprés

A estación de Calatayud é unha estación ferroviaria de Adif situada na cidade de Calatayud, na provincia de Zaragoza. Nela conflúen o trazado clásico de ancho ibérico entre Madrid e Barcelona e a nova liña de alta velocidade. Para a chegada desta última optouse por remodelar a antiga estación tamén coñecida como Calatayud-Jalón.

En 2010 foi utilizada por 250.000 pasaxeiros.[1]

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación, que se atopa a 531,4 metros de altitude, está integrada tanto na liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Barcelona-Fronteira francesa, punto quilométrico 221,3[2] como na liña férrea de ancho ibérico que une Madrid con Barcelona, punto quilométrico 244,7.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi inaugurada o 25 de maio de 1863 coa apertura do tramo Medinaceli-Zaragoza da liña férrea Madrid-Zaragoza por parte da Compañía dos Ferrocarrís de Madrid a Zaragoza e Alacant ou MZA.[4] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a integración da compañía na recentemente creada Renfe.

O 24 de febreiro de 2003 o AVE fixo por primeira vez a súa parada nunha remocicada estación de Calatayud. O 10 de outubro de 2003 a liña Madrid-Zaragoza-Lleida foi inaugurada oficialmente descubríndose unha placa que facía mención a iso por parte dos reis Xoán Carlos I e Sofía.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación[editar | editar a fonte]

Vista xeral da estación.

A estación sitúase ao sueste do centro urbano non moi lonxe do río Jalón. Para a chegada da alta velocidade o recinto sufriu unha ampla remodelación aínda que se optou por preservar o edificio histórico construído por MZA no século XIX recubríndoo cunha estrutura de ladrillo e cristal que lle dá un aspecto máis moderno e amplía a súa capacidade.

Desde a súa reforma conta con dúas vías máis de ancho internacional usadas polos trens de alta velocidade de tal forma que o seu esquema de vías quedou da seguinte forma: a-v-v-a-v-v-v-v-a. Os cambios de plataforma realízanse grazas a pasos subterráneos. As novas plataformas están protexidas cunha cuberta acristalada e illadas acusticamente.

Conta con venda de billetes, punto de información, wifi, aseos e caixeiros. Ademais o recinto está adaptado para as persoas con minusvalía. No exterior dispón dun aparcadoiro con capacidade para máis de douscentos vehículos, un heliporto, zonas axardinadas e paradas de taxis e autobuses urbanos.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longa distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 8 de xullo de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AVE Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Lleida-Pirineus · Camp de Tarragona Barcelona-Sants 2 trens diarios por sentido
AVE Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Lleida-Pirineus · Camp de Tarragona · Barcelona-Sants · Xirona Figueres-Vilafant 8 trens diarios por sentido
AVE Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Tardienta Huesca 2 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla Pamplona 3/4 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Puerta de Atocha Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Tudela de Navarra · Alfaro · Calahorra Logroño 6 trens semanais por sentido

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 8 de xullo de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino Destino/Orixe
Avant Calatayud Zaragoza-Delicias
Rexional Exprés Madrid-Chamartín Barcelona-Estació de França
Rexional Madrid-Chamartín Lleida-Pirineus
Zaragoza-Miraflores
Rexional Arcos de Jalón
Calatayud
Zaragoza-Miraflores

Notas[editar | editar a fonte]

  1. As estacións fantasmas do AVE Diario Público
  2. Calatayud (Est.)Euroferroviarios
  3. Calatayud-Jalón (Est.) Euroferroviarios
  4. Madrid a Zaragoza Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine. spanishrailway

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]