Estación de Cádiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BSicon exTRAIN2.svg
Cádiz
BSicon exTRAIN2.svg
Concello Cádiz
Servizos restauración aparcamiento accesible PMR Feature ticket office.svg
Liñas
Longa Distancia Altaria, Trenhotel
Media distancia A-1
Cercanías IconoC1.png (Proximidades Cádiz)
Outros transportes
Outros Autobús urbano e interurbano
Na rede

A estación de Cádiz é a estación central da cidade homónima incluida dentro da rede de estacións de Adif. É unha estación término de trens situada xunto á Praza de Sevilla, no centro de Cádiz.

É cabeceira da liña C-1 de Proximidades Cádiz, de trens de Media distancia Renfe e de trens de longo percorrido. Pertence á zona 1 de Proximidades Cádiz.

Historia[editar | editar a fonte]

O edificio antigo da estación, agora pechado ao público dende que en 2002 fora inaugurado o nuevo, data da época en que se construíu a liña ferroviaria entre Cádiz e Sevilla, e se localiza xunto ao porto de Cádiz e o edificio de aduanas.

Este edificio foi clausurado coas obras de soterramento da vía férrea en Cádiz entre 2000 e 2001 sendo construido un novo edificio que está algo máis alexado da Praza de Sevilla. A nova estación conta con seis vías, dous de elas reservadas a trens de proximidades con acceso restrinxido para viaxeiros con títulos de transporte para os mesmos.

Durante as obras de soterramento a estación non prestou servizo, sendo terminal provisional a estación de Cortadura.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Proximidades Cádiz e Media Distancia[editar | editar a fonte]

Liña > Destino
C-1 San Severiano San Fernando-Bahía Sur
Jerez de la Frontera
A-1 Cádiz-Segunda Aguada Sevilla-Santa Justa
Avant.svg San Fernando-Bahía Sur Xaén


Longa Distancia[editar | editar a fonte]

Tren Orixe/Destino Paradas intermedias
Alvia Madrid-Puerta de Atocha San Fernando-Bahía Sur · El Porto de Santa María · Jerez de la Frontera · Sevilla-Santa Justa · Córdoba Central · Puertollano · Cidade Real-Central
Trenhotel
Antonio Machado
Barcelona-Sants San Fernando-Bahía Sur · El Porto de Santa María · Jerez de la Frontera · Sevilla-Santa Justa · Córdoba Central · Tarragona


Próximamente chegará tamén o AVE; está previsto para 2012.