Estación de Barcelona - Sagrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BSicon exTRAIN2.svg
Barcelona-Sagrera Spain traffic signal tp18.svg
BSicon exTRAIN2.svg
Concello Barcelona
Servizos Accesible PMR Aparcadoiro Restauración Venda de Billetes
Liñas
Outros transportes
BSicon CLRV.svg
Metro
Logometrobcn.svg L4.gif L9.gif L10.gif
BSicon CLRV.svg
Bus
Madrid-MetroEMT.PNG por confirmar
Na rede

A estación de Barcelona-Sagrera ou Sagrera-TAV é unha estación de ferrocarril actualmente en construción na cidade de Barcelona. A estación situarase no barrio de La Sagrera, un dos que conforman o distrito barcelonés de Sant Andreu, preto da estación de proximidades e os talleres de Sant Andreu Comtal. Por mor da proximidade entre estas dúas estacións, Sant Andreu Comtal situarase máis lonxe cara ao norte e aproveitarase para remodelala.

A apertura da estación está prevista para 2016, cun custo total de 667 millóns de euros, que pagará o Ministerio de Fomento. Non só é necesario construír a estación, senón conectala coa Barcelona-Sants, cuxo túnel de conexión está actualmente en construción, e conectala coa L.A.V. Barcelona-Fronteira francesa.

A nova estación[editar | editar a fonte]

A nova estación da Sagrera, ocupará unha superficie de 320.000 m², estará soterrada e será un intercambiador organizado en diversos niveis onde confluirán os servizos do AVE e TGV, longa distancia, rexionais, dúas liñas de proximidades, liñas 4, 9 e 10 do Metro e autobuses urbanos e interurbanos.

Primeiro nivel[editar | editar a fonte]

No primeiro nivel situarase o vestíbulo da alta velocidade con zona comercial e despachos de billetes. Tamén estará o gran patio de conexións, o corazón intermodal da estación, co acceso principal desde o lado montaña de La Sagrera.

Segundo nivel[editar | editar a fonte]

No segundo estarán as plataformas de 400 metros de longo das 10 vías do AVE, a estación de buses e o viario soterrado para vehículos.

Terceiro nivel[editar | editar a fonte]

Na terceira planta situarase o vestíbulo de rodalies con dous niveis. Un, con entrada desde o lado mar do parque de Sant Martí e conexión coas plataformas do AVE. Outro, e principal, con acceso aos trens a través dun gran atrio e espazo comercial e de despachos de billetes. Neste nivel situaranse así mesmo os catro aparcadoiros previstos con 2.500 prazas e o acceso ao vestíbulo das liñas de metro.

Cuarto nivel[editar | editar a fonte]

Na cuarta e última planta colocaranse as catro plataformas de 240 metros con oito vías de ancho ibérico para as liñas R1 (L'Hospitalet-Mataró), a R2 (Sant Vicenç de Calders-Maçanet-Massanes) e a liña rexional R11 (Barcelona-Cerbère).

Outros transportes[editar | editar a fonte]

A estación da Sagrera contará ademais cunha gran estación de autobuses interurbanos que absorberá parte do tráfico doutras terminais como a Estación do Norte situada xunto á estación de Arc de Triomf. Esta zona servirá para conectar co metro, que discorrerá baixo a rúa de Josep Soldevila e do viario soterrado de coches. Encima do intercambiador entre o tren e o metro estará a terminal de bus (no lado mar), con 22 plataformas e 15.000 metros cadrados. O proxecto complétase con 75.000 m² destinados a aparcadoiro de vehículos privados (2.800 prazas).

Máis que unha estación[editar | editar a fonte]

Aparte da construción da estación, as obras proporcionarán un hotel de luxo, numerosas areas verdes e novas oficinas. Aprovéitase todo o corredor ferroviario para crear encima un novo parque de 3,5 quilómetros de lonxitude. Unha actuación que mellorará a comunicación entre os distritos de Sant Andreu e Sant Martí. O proxecto tamén prevé a construción de 9.000 novas vivendas, cuxo 43 por cento será de protección oficial, o cal significará un incremento de poboación na zona duns 25.000 habitantes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]