Esquerra Republicana del País Valencià

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquerra Republicana del País Valencià
Logo
Tiposen etiquetar
IdeoloxíaPancatalanismo
Data de fundación1992 e 1998
Presidente/a
Josep Barberà i Sorlí (en) Traducir (2016-) Editar o valor em Wikidata
10px|baseline|Traducir|link=https://www.wikidata.org/wiki/Q2827349?uselang=gl]] (2000-2015) Editar o valor em Wikidata
Secretario/aMaria Pérez i Company
SedeValencia
PaísEspaña
Na rede
http://www.esquerra.cat/paisvalencia
Facebook: esquerrapaisvalencia Twitter: esquerrapv Instagram: esquerrapv Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Esquerra Republicana del País Valencià (ERPV) é un partido político histórico valencianista e de esquerda fundado en 1933 e refundado en setembro de 2000 pola fusión da federación valenciana de Esquerra Republicana co Front pel País Valencià (Fronte polo País Valenciano). O seu presidente é, desde o ano 2016, Josep Manel Barberà i Sorlí. O seu cabeza de lista por Valencia, nas últimas eleccións xerais españolas, foi o escritor Toni Cucarella.

Historia[editar | editar a fonte]

Nunha primeira etapa durante a Segunda República Española a implantación de Esquerra Republicana no País Valenciano produciuse mercé o liderado de Gaietà Huguet, en Castelló de la Plana. En 1935, este dirixente impulsou un proceso de unificación co partido autóctono Esquerra Valenciana, fundado en 1934 e dirixido por Vicent Marco Miranda (exalcalde de Valencia), Josep Benedito, Miquel Duran de Valencia e mais Manuel Sanchis i Guarner. Logo de obter Vicent Marco en 1936 a acta de deputado por Valencia, dentro das candidaturas da Fronte Popular, ambos os dous partidos formaron un grupo parlamentario conxunto no Congreso dos Deputados so o nome de Esquerra Catalana.

Entre 1935 e 1998 non se pode diferenciar entre a historia da ERPV e da EV, xa que a primeira organización se autodisolveu, dado que os seus militantes se afiliaran en bloque á segunda formación.

A guerra civil española tronzou diversos planos políticos nos que participaba EV, o máis importante dos cales era un proxecto de estatuto valenciano, que outorgaba á actual Comunidade Valenciana o nome oficial de País Valencià homologándoa así ao resto de nacionalidades históricas. A pesar disto, EV conseguiu o seu máximo crecemento neste período, até chegar a superar os 10.000 afiliados en 1937.

Actualidade[editar | editar a fonte]

Hoxe en día a ERPV propón a autodeterminación do País Valenciano e a súa confederación, en igualdade, nun estado independente e republicano cos restantes territorios de lingua catalá (os tamén denominados Països Catalans, en galego Países Cataláns).

En 1998 o partido Esquerra Valenciana foi refundado por un grupo de ex-militantes de Unitat del Poble Valencià (Unidade do pobo valenciano), despois da conversión deste partido no Bloc Nacionalista Valencià (BNV). En 2001 intentouse infrutuosamente un novo proceso de converxencia ou, cando menos, o estabelecemento dalgún tipo de alianza entre ambas as dúas formacións. O acordo outorgaba aos militantes de Esquerra Valenciana un representante na executiva de Esquerra Republicana del País Valencià por cada 12 que ingresasen nel. Posteriormente a nova formación pasaría a denominarse EV-ERPV.

Xa no ano 2007, EV ingresou no BLOC.

ERPV non ten representación nas Cortes Valencianas, aínda que dispón de catro rexedores no territorio valenciano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]