Espremedor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espremedor de cítricos manual.

Un espremedor[1] é un utensilio de cociña que serve para espremer froitos, en especial o limón e a laranxa, co obxectivo de lles extraer o zume.

Espremedor eléctrico moderno.

Existen varios tipos de espremedor, desde os máis simples, como o espremedor manual[2], aos eléctricos.[3]

Relativamente ao espremedor manual, é necesario rodar e esmagar o cítrico, exercendo forza contra o mesmo, para que a fricción entre o froito e o espremedor resulte na expulsión do zume. No caso do eléctrico, o espremedor xira só ao apertar o froito na parte xiratoria, polo que non é necesaria forza por parte do usuario. Existen moitos tipos de espremedores eléctricos, desde os caseiros aos industriais, usados por restaurantes, ou outros estabelecementos comerciais. Este foi creado en 1926 por Madeline Turner.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para espremedor.
  2. Alfredo Aquino (10 de agosto de 2011). "Desenho anônimo". Coluna Arte, sítio Uol. Consultado o 21 de abril de 2012. 
  3. sítio M de Mulher (31 de xaneiro de 2012). "Objetos com design: aposte em uma decoração criativa para sua casa". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2011. Consultado o 21 de abril de 2012. 
  4. SitedeCuriosidades.com (28 de decembro de 2009). "A Invenção do Liquidificador". Consultado o 21 de abril de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]