Esposende, Ribadavia
| Esposende | |
|---|---|
| Concello | Ribadavia |
| Área | - km² |
| Poboación | 42 hab. (2011) |
| Entidades de poboación | 1 |
Santiago de Esposende é unha parroquia do concello de Ribadavia, na provincia de Ourense. Segundo o INE, no 2011 vivían no lugar 42 persoas (23 homes e 19 mulleres).
Índice |
Xeografía [editar]
A parroquia é a máis setentrional do concello. Linda ao norte coa parroquia de Santa Mariña de Esposende (no veciño municipio de Cenlle), ao leste e sur coa parroquia de Santo André de Campo Redondo, e ao oeste dá co río Avia, que constitúe fronteira natural co concello de Beade.
Historia [editar]
Segundo Pascual Madoz no seu Diccionario geográfico-estatístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar[1] (1842), Santiago de Esposende era una feligresía do concello de Ribadavia no que vivían 84 persoas, das que só 19 tiña o dereito de veciños. Os veciños vivían en unas veinte casas sitas repartidas nos barrios de Eiroa, Quintas e Casas do Marco. Madoz dicía que de norte a sur a vila ocupaba 1/4 de legua (1,5 km aproximadamente). E de leste a oeste, outro tanto.
Destacábanse aspectos como que o cemiterio no ofende a la salud pública ou que os camiños son locales y generalmente en mal estado. O correo recibíase da capital do concello 3 veces á semana.
Era unha parroquia típica do rural da comarca. Producía trigo, millo, legumes, hortalizas, froitas de carabuña, liño e viño (do que xa Madoz nome a súa calidade, chegando a dicir que saía viño desta parroquia cara a Santiago de Compostela, A Coruña e comarcas próximas de montaña.
Demografía [editar]
Esposende é a parroquia con menos poboación do concello, con 42 habitantes no ano 2011. A evolución demográfica de Esposende dende o ano 2000 é a seguinte:
| Ano | 2000 | 2004 | 2008 | 2011 |
|---|---|---|---|---|
| Poboación | 45 | 45 | 44 | 42 |
| Variación | - | 0,0% | -2,2% | -4,5% |
A poboación da parroquia descende pouco a pouco a pesares de que aumenta en determinados censos. O máximo de poboación no 2000-2011 acadouse no 2003 e 2007 (46 veciños). O mínimo rexistrouse no 2010 con 39 habitantes.
Notas [editar]
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Esposende [editar]
| Lugares da parroquia de Esposende no concello de Ribadavia (Ourense) | |
|---|---|
Parroquias de Ribadavia [editar]
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ribadavia | |
|---|---|
|
Campo Redondo (Santo André) | Esposende (Santiago) | Francelos (Santa María Madanela) | Ribadavia (San Domingos de Fóra) | Ribadavia (San Domingos) | San Cristovo de Regodeigón (San Cristovo) | Sanín (San Pedro) | Ventosela (San Paio) |