Espazo Caritel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espazo Caritel
Tipomuseo e xardín botánico
EnO Caritel
PaísGalicia
43°33′37″N 7°18′07″O / 43.560383333333, -7.3019694444444
Na rede
Facebook: EspazoCaritel Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Espazo Caritel, Arte e natureza é un conxunto de museo e parque sito no Caritel (San Martiño de Mondoñedo, Foz).

Características[editar | editar a fonte]

O museo contén obras do artista plástico "Caxigueiro", Daniel Río Rubal, nun edificio construído polo arquitecto Xosé D. Moscoso[1] e que tamén alberga o estudo do artista[2], e o xardín, de 3500 m², onde dispón dunha colección de máis de cen variedades de camelia, amais doutras especies como hortensias[3], e diversa flora autóctona e especies pouco frecuentes na zona. O conxunto ofrece un lugar onde a escultura, a fotografía e a natureza se xuntan para ofrecer unha defensa de vida e cor ao longo de todo o ano[4].

Máis visitado na tempada de verán[5], o xardín ten floración en calquera tempada agás o outono[6].

Galería fotográfica[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Xurde Morán: Espazo Caritel: al pie de la Basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz, Lugo, Galicia)". Xurde Morán. 18 de decembro de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  2. "Espazo Caritel, un xardín de arte". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2018. Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  3. "Espazo Caritel galicianGarden". galiciangarden.com (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  4. "Amaríñate". Facebook. Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  5. "Dúas citas: Espazo Caritel en Foz e o museo de Celso Dourado". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xuño de 2018. Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  6. "Espazo Caritel (Foz) - 2018 Qué saber antes de ir - Lo más comentado por la gente - TripAdvisor". TripAdvisor (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2018.