Espalmador
| Espalmador | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
| Datos | |||||
| Capital | |||||
| País | España | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (2007) | Deshabitada | ||||
| Superficie | 2 km² | ||||
| Densidade | |||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 38°47′N 01°26′E / 38.783°N 1.433°E | ||||
| Maior Altura | |||||
Espalmador (S'Espalmador en catalán) é unha illa española situada ao norte da illa de Formentera. Ten aproximadamente 2.925 m de lonxitude e 800 m de anchura (137 hectáreas). A súa costa é acantilada, exceptuando unha cala ao sur e outra, máis pequena, ao noroeste, que, por estar protexida por un pequeno illote, a Illa de Sa Torreta, constitúe un lugar ideal para o refuxio de embarcacións. Tamén contén unha pequena lagoa fangosa que é utilizada polos visitantes para tomar baños de lodo.
Espalmador atópase rodeado por outros pequenos illotes: Illa Castavi e Illa deas Porcs. As súas praias son de auga transparente e de area branca. Cando a marea está baixa pódese ir andando desde Formentera ao illote a través do chamado paso de Es Trocadors, aínda que as correntes da zona (en ocasións bastante importantes) fan totalmente desaconsellable esta práctica.