Península Ibérica prehistórica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «España prehistórica»)

Os primeiros achados de presenza humana en España datan de entre 1.000.000 e 780.000 anos, atopáronse en 1994 no sitio paleontolóxico da Gran Dolina de Atapuerca, Burgos. En concreto son os restos de seis esqueletos que pertencen a unha nova especie chamada Homo antecessor, aínda que hai especialistas que afirman que é a mesma especia que o Homo heidelbergensis. Na escavación os investigadores atoparon evidencia do uso de instrumentos líticos para matar animais e outros homínidos e a primeira evidencia coñecida de canibalismo nunha especie homínida. Tamén se atopou evidencia do uso do lume, o que podería significar que cociñaban a súa comida.

Noutro enclave de Atapuerca, a Sima de los Huesos, os arqueólogos atoparon restos de 30 homínidos que se datan en hai 400.000 anos. Clasificáronse como Homo heidelbergenses e poden ser antecesores dos Neandertais. Non se atopou evidencia de lugares de habitación, e semella que se levaron ao lugar deliberadamente, polo que podería ser a primeira evidencia de enterramento homínido.

Na península atopáronse tamén os primeiros restos de Neanderthal, concretamente en Forbes's Quarry, Xibraltar en 1848, dunha antigüidade de 60.000 anos aínda que non se recoñeceu como tal ata os descubrimentos de máis restos da especie en 1856 no Val de Neanderthal.

No sotio de Zafarraya (Granada) atopouse en 1995 unha mandíbula de Neanderthal e instrumentos musterianos asociados coa cultural neandertal, que achegan a primeira evidencia de coexistencia prolongada entre os Nendertais e o home moderno. Algúns investigadores suxiren que os Neandertais do centro de Europa buscaron refuxio na Península Ibérica para escapar da persecución do home moderno.

Os primeiros restos do Homo sapiens no territorio da actual España datan de hai 40.000 anos.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.