España Democrática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

España Democrática
Lingualingua castelá
LocalidadeMontevideo
Na rede
BVPH: 4424
editar datos en Wikidata ]

España Democrática foi un periódico editado en Montevideo entre 1937 e 1959.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano del Comité N. Pro Defensa de la República Democrática Española, foi fundado en 1937 por un grupo de españois antifascistas. En 1938, cambiou o subtítulo por Órgano del Comité Nacional de ayuda al pueblo español e despois pasou a subtitularse Por la paz, por la democracia, por la independencia de España. Incluíu colaboracións sobre asuntos galegos.

No número 817, de 31 de maio de 1956, dedicado ao I Congreso da Emigración Galega organizado en Buenos Aires, en xullo daquel ano, publicou o manifesto e o programa da asemblea en lingua galega. Tamén publicou en galego un artigo do mestre exiliado Isidoro Cid Rivo e unha entrevista ao escritor Alfonso Gayoso Frías.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]