Esmegma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O esmegma é un produto que se acumula no espazo balanoprepucial (entre o prepucio e o glande) nos homes incircuncisos procedente do recambio celular do glande e a porción interna do prepucio xunto có sebo provinte das glándulas de Tyson. Xorde como unha materia abrancazada, untuosa e fedorenta cando está en descomposición. Serve para protexer e lubricar o espazo prepucial. A súa presenza en homes incircuncisos pode provocar irritación do pene se non se limpia regularmente, e unha inflamación denominada balanite.

Para limpalo só fai falla descubrir o glande e limpalo con auga e xabón durante a ducha ou outra forma de aseo.

Tamén aparece nas mulleres, entre os labios vulvares.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas