Eslavos meridionais
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os eslavos meridionais (ou eslavos do sur, ou sudeslavos) son a ramificación do sur dos pobos eslavos que viven nos Balcáns: Bulgaria e os países da antiga Iugoslavia.
Xeograficamente, os eslavos meridionais son nativos de Panonia, os Alpes orientais e a península Balcánica, e falan linguas eslavas meridionais.
Cunha poboación cercana aos 35 millóns, o grupo inclúe a búlgaros e macedonios ao leste, e serbios, croatas, bosnios, eslovenos e montenegrinos polo oeste.