Esgrima nos Xogos Olímpicos de 1896

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esgrima
Combate durante os Xogos de 1896

Nos Xogos Olímpicos de 1896 disputáronse tres probas de esgrima no recinto do Zappeion, un edificio situado nos Xardíns Nacionais de Atenas, entre o 7 e o 9 de abril. A competición preparouna o subcomité de esgrima, e finalmente a proba de espada quedou anulada, todas as probas facíanse a tres toques. Estableceuse as categorías ameteur e mestres, esta última marcou o primeiro precedente de participación de profesionais nos Xogos Olímpicos e durante anos a esgrima foi o único deporte olímpico que admitía deportistas profesionais. En total foron 15 atletas de catro países os que competiron nas diferentes probas, conseguindo medalla 8 tiradores diferentes pertencentes a 3 países.

Medalleiro[editar | editar a fonte]

O Comité Olímpico Internacional asignou estas medallas a posteriori. Na época, os gañadores recibían unha medalla de prata e os seguintes non recibían premio ningún.

Proba Or Argent Bronze
Florete
Francia Eugène-Henri Gravelotte Francia Henri Callot Grecia Periklis Pierrakos-Mavromichalis
Florete profesional
Grecia Leonidas Pyrgos Francia Jean Maurice Perronet
Sabre
Grecia Ioannis Georgiadis Grecia Telemachos Karakalos Dinamarca Holger Nielsen

Probas[editar | editar a fonte]

Florete[editar | editar a fonte]

A competición de florete foi unha das tres probas de esgrima que se disputaron nesta edición dos Xogos Olímpicos. Realizouse o segundo día dos Xogos, o 7 de abril coa participación de oito tiradores, repartidos en dous grupos de 4. O primeiro de cada grupo clasificouse para a final, mentres que a per a Pierrakos-Mavromichalis outorgáronlle a terceira posición por ser o mellor terceiro. A segunda vitoria de Vouros (enfrontamento B6) debeuse a una sanción a Komninos-Miliotis.

Rolda Preliminar[editar | editar a fonte]

Grupo A[editar | editar a fonte]

TC: Touches en contra

Posición Atleta TF TC G P
1 Francia Henri Callot 9 4 3 0
2 Grecia Perikles Pierrakos-Mavromichalis 7 4 2 1
3 Francia Henri Delaborde 5 7 1 2
4 Grecia Ioannis Poulos 3 9 0 3
Combate Vencedor Touches Perdedor
A1 Grecia Perikles Pierrakos-Mavromichalis 3-1 Francia Henri Delaborde
A2 Francia Henri Callot 3-2 Grecia Ioannis Poulos
A3 Grecia Perikles Pierrakos-Mavromichalis 3-0 Grecia Ioannis Poulos
A4 Francia Henri Callot 3-1 Francia Henri Delaborde
A5 Francia Henri Callot 3-1 Grecia Perikles Pierrakos-Mavromichalis
A6 Francia Henri Delaborde 3-1 Grecia Ioannis Poulos
Grupo B[editar | editar a fonte]

TC: Touches en contra

Posición Atleta TF TC G P
1 Francia Eugène-Henri Gravelotte 9 5 3 0
2 Grecia Athanasios Vouros 8 4 2 1
3 Grecia Konstantinos Komninos-Miliotis 5 7 1 2
4 Grecia Georgios Balakakis 3 9 0 3
Combate Vencedor Touches Perdedor
B1 Grecia Konstantinos Komninos-Miliotis 3-1 Grecia Georgios Balakakis
B2 Francia Eugène-Henri Gravelotte 3-2 Grecia Athanasios Vouros
B3 Grecia Athanasios Vouros 3-1 Grecia Georgios Balakakis
B4 Francia Eugène-Henri Gravelotte 3-2 Grecia Konstantinos Komninos-Miliotis
B5 Francia Eugène-Henri Gravelotte 3-1 Grecia Georgios Balakakis
B6 Grecia Athanasios Vouros 3-0 (w/o) Grecia Konstantinos Komninos-Miliotis

Final[editar | editar a fonte]

Combate Vencedor Touches Perdedor
F Francia Eugène-Henri Gravelotte 3-2 Francia Henri Callot

Florete profesional[editar | editar a fonte]

A competición de florete profesional realizouse o segundo día dos Xogos, o 7 de abril, xusto despois da competición de amateurs. Foi a única proba para profesionais destes Xogos Olímpicos, tan só participaron dous tiradores, e un só enfrontamento decidiu as medallas: Leonidas Pyrgos de Grecia gañou ao francés Jean Maurice Perronet por 3 a 1, sendo o primeiro campión grego dos Xogos Olímpicos da Era Moderna.

Final[editar | editar a fonte]

Combate Vencedor Touches Perdedor
1 Grecia Leonidas Pyrgos 3-1 Francia Jean Maurice Perronet

Sabre[editar | editar a fonte]

A competición de sabre disputouse o 9 de abril, participaron 5 tiradors: 3 gregos, un danés e un austríaco. Cada tirador enfrontábase ao resto, un total de 10 combates. Georgiadis foi o vencedor, gañando todos os seus combates.

Enfrontamentos[editar | editar a fonte]

Combate Gañador Touches Perdedor
1 Grecia Telemachos Karakalos 3-0 Austria Adolf Schmal
2 Grecia Ioannis Georgiadis 3-0 Grecia Georgios Iatridis
3 Grecia Telemachos Karakalos 3-2 Dinamarca Holger Nielsen
4 Grecia Ioannis Georgiadis 3-2 Austria Adolf Schmal
5 Dinamarca Holger Nielsen 3-1 Grecia Georgios Iatridis
6 Grecia Ioannis Georgiadis 3-1 Grecia Telemachos Karakalos
7 Austria Adolf Schmal 3-2 Grecia Georgios Iatridis
8 Grecia Ioannis Georgiadis 3-2 Dinamarca Holger Nielsen
9 Grecia Telemachos Karakalos 3-0 Grecia Georgios Iatridis
10 Dinamarca Holger Nielsen 3-2 Austria Adolf Schmal

Clasificación final[editar | editar a fonte]

TC: Touches en contra

Posición Tirador TF TC G P
Ouro Grecia Ioannis Georgiadis 12 6 4 0
Prata Grecia Telemachos Karakalos 11 5 3 1
Bronce Dinamarca Holger Nielsen 10 9 2 2
4 Austria Adolf Schmal 7 11 1 3
5 Grecia Georgios Iatridis 3 12 0 4

Países participantes[editar | editar a fonte]

Un total de 15 tiradores, de 4 países participaron nos Xogos Olímpicos de Atenas:

Medalleiro por países[editar | editar a fonte]

Posición País Ouro Prata Bronce Total
1 Grecia Grecia 2 1 1 4
2 Flag of France.svg Francia 1 2 0 3
3 Dinamarca Dinamarca 0 0 1 1

Austria participou nas probas sen conseguir medalla ningunha.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns exteranas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esgrima nos Xogos Olímpicos de 1896
  • Lampros, S.P.; Polites, N.G.; De Coubertin, Pierre; Philemon, P.J.; & Anninos, C.. The Olympic Games: BC 776 – AD 1896.  (Versión dixital en aafla.org)
  • Mallon, Bill; & Widlund, Ture. The 1896 Olympic Games. Results for All Competitors in All Events, with Commentary. ISBN 0-7864-0379-9.  (Extracto dispoñible en aafla.org)
  • Smith, Michael Llewellyn (2004). Olympics in Athens 1896. The Invention of the Modern Olympic Games. ISBN 1-86197-342-X.