Escudo de San Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coat of arms of San Marino.svg

No escudo de armas de San Mariño figuran, nun campo de azur, tres picos de sínople que representan as tres rochas do Monte Titano da capital de San Mariño: Cesta, Guaita e Montale. Sobre as tres rochas, tres torres de prata e sobre as torres, colocadas en pau, tres plumas de prata.

O escudo ten forma de corazón e está bordeado de ouro. Aparece rodeado por dúas ramas, unha de loureiro e outra de aciñeira e está timbrado cunha coroa forrada de goles, pechada por catro diademas, vistas tres, decoradas con perlas e rematadas cun orbe e unha cruz. A coroa representa a soberanía da República de San Mariño.

Na parte inferior figura unha cinta de prata coa lema nacional: LIBERTAS (do latín: liberdade).