Emblema de Israel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Escudo de Israel»)
Emblema de Israel
Detalles
ArmigerIsrael Estado de Israel
Adoptado10 de febreiro de 1949
EscudoEn campo azur:
• Unha Menorá (cor prata)
• Dúas pólas de oliveira.
Divisaישראל (Israel)
Uso• Pasaportes israelís
• Documentos oficiais
• Estandarte presidencial
• Edificios públicos e oficiais

O emblema de Israel está representado en campo de azur, por unha menorá rodeada por dúas póla de oliveira, unha a cada lado, e a palabra Israel escrita en lingua hebrea (ישראל) debaixo dela.

Historia[editar | editar a fonte]

Ao crearse o Estado de Israel en 1948, precisaba dun emblema oficial para demostrar a súa soberanía ante comunidade de estados. O emblema oficial foi aprobado nove meses despois, o 10 de febreiro de 1949, e dende entón aparece en documentos oficiais, a nivel presidencial e nos edificios públicos de Israel.

Durante o proceso de deseño do emblema, moitas das propostas incluíron os símbolos que se consideraron apropiados para representar ao pobo xudeu. Para evitar a imitación de emblemas de países europeos e crear un único, buscáronse antigos símbolos visuais de épocas de soberanía xudía en Eretz Israel. Mentres que a bandeira foi creada na diáspora, o emblema foi deseñado xa en Israel. O emblema tiña que incorporar elementos de significado simbólico. O proceso de deseño foi longo, xa que o carácter de emblema debía conter tanto os valores relixiosos e rituais, como as normas seculares e de soberanía.

Foi entón que o Consello Provisional do Estado anunciou un concurso para deseñar o emblema do Estado. Finalmente, o deseño escollido baséase na proposta presentada por Gabriel e Maxim Shamir, con elementos inspirados noutras propostas, como a de Oteh Walisch, a de W. Struski e Itamar David e a de Yerachmiel Schechter.

Simbolismo[editar | editar a fonte]

A menorá é un símbolo do xudaísmo dende hai 3.000 anos, xa que figuraba no antigo Templo de Xerusalén, e representado no escudo baseándose nun relevo que figura no Arco de Tito. En canto ás pólas de oliveira, simbolizan a paz.

Versións[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]