Escudo de Grenlandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O escudo de Grenlandia é un dos símbolos oficiais de Grenlandia, un territorio dependente de Dinamarca.

[editar] Descrición

Escudo de Grenlandia

O seu deseño consiste nun escudo azul cun oso polar de prata. Este símbolo foi orixinalmente introducido no escudo de Dinamarca en 1666 e aínda é representado nas armas da familia real Danesa. No contexto dinamarqués, o oso aparecía desprazándose, mais en 1819 foi especificado cunha posición erecta. O London Roll de 1470 mostra un escudo coa lenda Le Roi de Greneland constituídas por un escudo cun oso polar rodeado por tres aves. Este título real non reflectía ningunha posición oficial, só pretendía mostrar que as armas podían ser usadas por quenquera que controlase Grenlandia.

A versión actualmente usada polo goberno foi concibida polo artista grenlandés Jens Rosing e adoptada a 1 de maio de 1989 polo parlamento de Grenlandia. O oso polar simboliza a fauna do país e a cor azul os Océanos Atlántico e Ártico que bañan a illa. En vez da versión Danesa das armas reais que seguen a tradición heráldica de levantar a pata dereita, o oso polar do escudo grenlandés levanta a pata esquerda, debido á crenza Inuit de que os osos polares son zurdos. Un escudo semellante é usado polo representante oficial do goberno danés en Grenlandia. Neste caso, o oso levanta a pata dereita e o escudo preséntase coroado coa coroa real. Dinamarca non especifica oficialmente cal pata é levantada, por iso, non hai conflito entre versións diverxentes. Os adeptos da total independencia de Grenlandia usan un fondo verde.

[editar] Historia

O oso polar foi primeiramente incluído como símbolo da Grenlandia no escudo de Dinamarca durante o reinado do Rei Federico III, mais nunca foi amplamente utilizado até principios do século XX. En xullo de 1905 selos de encomendas postais co escudo entraron en circulación; os selos, emitidos en Dinamarca, tiñan como motivo central este emblema. En 1938, todo o servizo postal de Grenlandia foi substituído polo Servizo Postal Real Danés. Os primeiros selos contiñan o Rei Danés Cristián X en vez conter elementos suxeridos polos grenlandeses, como por exemplo elementos referentes á aurora boreal, a focas e osos polares.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas