Emblema de Etiopía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Escudo de Etiopía»)
Emblema de Etiopía
Detalles
ArmigerEtiopía
Adoptado1996

O emblema de Etiopía é un dos símbolos nacionais do país dende 1996. Contén un pentagrama amarelo con raios de luz sobre un escudo azul. Hoxe en día, o pentagrama simboliza a unidade do pobo e a nacionalidade de Etiopía. O emblema tamén aparece no centro da bandeira de Etiopía.

Antes de 1975, había un escudo de armas para o Imperio Etíope cunha forte influencia europea. En 1975, houbo unha versión anterior que foi adoptada polo goberno do país, consistente nun arado diante dun sol amarelo e arrodeado cunha coroa de flores. Estaba asociado co réxime do Derg.

Escudos históricos[editar | editar a fonte]