Escudo de Afganistán
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Escudo de Afganistán aparece representada unha mesquita (con dúas bandeiras) co minbar (púlpito ó que se accede por unha escaleira) co seu mihrab (sempre orientado cara a Meca) sobre a que se sitúa o takbir (الله أكبر, «Alá é grande», escrito sempre en árabe), un pequeno sol nacente e a shahada (tamén escrita sempre en árabe). Debaixo aparece o ano 1298 do calendario persa (usado en Afganistán, equivalente a 1919 no calendario gregoriano, data na que se proclamou a independencia) e a palabra افغانستان («Afganistán») nunha cinta que entrelaza a coroa de espigas de trigo.
Nas numerosas bandeiras usadas por este país sempre apareceu o escudo (agás baixo os talibáns).