Escuadróns da morte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os escuadróns da morte foron uns grupos paramilitares que actuaron na semiclandestinidade no Salvador entre finais da década de 1970 e comezos da de 1990.

Configurados por militares, membros das forzas de seguridade e potentados civís adicáronse á tortura e o asasinato dos opositores de esquerda ao goberno salvadoreño e a sementar o terror entre a poboación campesiña. Unha das súa vítimas recoñecidas foi o arcebispo de San Salvador Óscar Romero, un máis entre as decenas de miles de mortos e desaparecidos.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.