Escribenta riscada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A escribenta riscada ou escribente riscado[2] (Emberiza cia) é unha ave da familia das Emberizidae.

Morfoloxía e Hábitos[editar | editar a fonte]

É unha especie de 16 cm de lonxitude e peso de 25 gramos. Os machos presentan unha cabeza gris cinza cunha liña ocular negra. O bandullo é cor canela, namentres o resto do corpo é dun ton pardo avermellado. As femias e xoves son máis discretos e co peito manchado con faíscas escuras.

Ave frecuente nas ladeiras soleadas e con predominio de chan pedregoso. Tamén se pode atopar en viñeiras. O seu límite de distribución son os 1500 metros de altitude.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Emberiza cia

O período de cría vai de maio a xullo, podendo facer unha ou dúas postas no ano. O niño, con forma de cunca, acostuma estar no chan. Cada posta consta entre 3 e 5 ovos, cun tempo de incubación de 12-13 días. Os polos permanecen no niño entre 10 e 13 días trala eclosión.

Distribución[editar | editar a fonte]

Ave común no sur de Europa, Turquía e Cáucaso. Tamén no norte de África.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest, s.a. (en castelán)