Escribenta lapona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escribenta lapona
Macho
Macho

Femia
Femia

Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Calcariidae
Xénero: 'Calcarius'
Especie: 'C. lapponicus'
Nome binomial
''Calcarius lapponicus''
(Linnaeus, 1758)

A Escribenta lapona é un ave típica do extremo norte europeo e visitante esporádica do Centro e Sur de Europa.

Morfoloxía e hábitos[editar | editar a fonte]

É unha especie que presenta dimorfismo sexual. O macho ten a cabeza e gorxa negras, unha franxa ocular branca e a caluga vermella. O pico é amarelo. O resto do corpo é negro combinado con branco. A femia é de cor parda con manchas claras. Os individuos teñen unha lonxitude aproximada de 15 cm e un peso de 24 gramos.

Habita na Tundra, especializándose nas zonas chans e nas montañas. No inverno soe desprazarse ó litoral ou a pantanos. Alimentase de insectos e sementes.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Calcarius lapponicus

A cría realízase nos meses de maio e xuño. No niño, xeralmente localizado no chan, faise a posta de 4-5 ovos. O tempo de incubación é 13-14 días e a permanencia no niño dos polos é de 10-12 días.

Distribución[editar | editar a fonte]

Durante a cría esténdese polo interior e norte da Península Escandinava e tamén pola costa ártica de Rusia. O resto do ano amplía a súa zona de distribución ó Mar do Norte, ó Mar Báltico, á costa norte do Mar Negro e ó sudeste de Rusia. No resto de Europa é máis infrecuente e irregular.

Véxase temén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)