Escribenta hortelá
| Escribenta hortelá | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Emberiza hortulana | ||||||||||||
A escribenta hortelá é unha ave da familia das Emberizidae.
Índice |
Morfoloxía e hábitos [editar]
É unha ave duns 16,5 centímetros de lonxitude e 25 gramos de peso. OS machos presentan unha cabeza gris cunha carúncula ocular marela. A gorxa e queixo son tamén amarelos. O lombo e a rabadilla son pardos, namentres a parte inferior do corpo é cor canela. As femias e xoves son máis discretos e con cores máis esluídas.ç
É unha ave frecuente nas zonas de agro con árbores dispersas. Tamén se atopa en extensións agrarias amplas e de secaño. Xeralmente o seu límite de distribución son os 1500 metros de altitude, aínda que excepcionalmente pode chegar ós 2000 metros. Aliméntase de sementes e insectos.
Reprodución [editar]
O período de cría vai de maio a xullo, facendo unha posta de 4-6 ovos. O niño, con forma de cunca, adoita estar preto do chan. O tempo de incubación é de 13 días. Os polos permanecen no niño entre 9 e 13 días trala eclosión.
Distribución [editar]
De abril a setembro é unha ave común en Asia Menor, o Cáucaso e en toda Europa, excepto nas Illas Británicas, o sur da Península Ibérica, o sur de Suecia e amplas zonas de Francia, Alemaña e os Países Baixos. Hiberna na África Tropical. A migración realízaa polas noites.