Escravos Unidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En inglés United Slaves é unha organización nacionalista negra fundada en 1965 por Ron Karenga. Pasou á historia por ser a principal rival dos Panteras Negras, con quen competía en canto ao reclutamento de militantes, se ben sospéitase que esa primixenia rivalidade puido ser insidiosamente acrecentada por diversas actividades do FBI, que pretendían levar a crer a cada grupo que o outro os estaba a aldraxar publicamente.[Cómpre referencia] Esta rivalidade pasaría a un primeiro plano en 1969, cando os dous grupos apoiaron distintos candidatos para encabezar o Centro de Estudos Afroamericanos da Universidade de California, Os Ánxeles). En xaneiro dese mesmo ano un tiroteo no campus da universidade entre os dous grupos rematou cun elevado número de mortos.[Cómpre referencia]

En 1971 os membros da organización Ron Karenga, Louis Smith e Luz Maria Tamayo foron procesados tras ser acusados de asaltar e torturar a Deborah Jones e Gail Davis, dúas mulleres tamén parte da organización. A raíz destes feitos Ron Karenga foi diagnosticado por un psiquiatra cun cadro de esquizofrenia e paranoia. A organización permaneceu inactiva os anos que Karenga estivo en prisión, entre 1971 e 1975, retomando a súa actividade este último ano até os nosos días.[Cómpre referencia]