Escola neoplatónica de Alexandría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Escola neoplatónica de Alexandría ou simplemente Escola de Alexandría foi unha corrente fislosófica que se desenvolveu na cidade de Alexandría no Exipto helenístico e romano entre os séculos III e VII d.C.

Esta escola caracterízase pola súa tendencia á erudición, e ao sincretismo entre ideas filosóficas (tomadas do neoplatonismo e da filosofía de Aristóteles) e relixiosas (procedentes do gnosticismo e do cristianismo). A súa actividade concluíu coa conquista musulmá de Exipto no ano 640.

Membros[editar | editar a fonte]

Os nomes máis coñecidos desta escola son Hipatia, Sinesio de Cirene e Olimpiodoro o Mozo.

Outros membros son Hierocles de Alexandría, Hermeia de Alexandría, Amonio de Hermia, Xoán Filopón, Asclepio o Mozo, Alexandre de Licópolis, Estevo de Alexandría, Asclepiodoto de Alexandría, Nemesio e Xoán Lidos.[1]

A escola como corrente[editar | editar a fonte]

Esta escola filosófica non debe confundirse con:

  1. A Escola filolóxica de Alexandría, á que pertenceron por exemplo Aristarco de Samotracia, quinto bibliotecario do Museo de Alexandría (217-143 a.C.).
  2. O platonismo medio ou platonismo ecléctico defendido por Eudoro de Alexandría (ano 40 d.C.).
  3. A Escola catequística de Alexandría, escola de exexese cristiá á que pertenceron, entre outros, Clemente de Alexandría e Oríxenes e, alternamente, Filón de Alexandría
  4. A Escola neoplatónica de Atenas, fundada por Plutarco de Atenas contra o ano 400, e que alcanzou o seu apoxeo con Proclo e chegou ao seu fin con Damascio e Simplicio no ano 529.

Porén, a Escola de Alexandría mantivo un contacto estreito coa Escola neoplatónica de Atenas, polo que algúns historiadores consideran que ambas as dúas escolas forman un mesmo movemento. Así o recolle Ferrater Mora.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ferrater Mora (1984), s.v. Alejandría, Escuela de.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ferrater Mora, José (1979): Diccionario de Filosofía. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-5299-7

Outros artigos[editar | editar a fonte]