Escola de Socioloxía de Chicago
| Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de Artigos con problemas e de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado (se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico). (Desde marzo de 2009.) |
Escola de Chicago é un conxunto de intelectuais da Universidade de Chicago. Este movemento tivo o máximo auxe nos anos 20 e chegou á decadencia co falecemento de Mead en 1931 e a marcha de Park en 1933. Entre as súas numerosas novidades destaca o interaccionismo simbólico.
Autores [editar]
A escola de Chicago estivo formada por:
- George Herbert Mead. Naceu en Massachusets (USA) e estudou nas universidades de Leipzig e Berlín. Posteriormente trasladouse á Universidade de Míchigan onde entraría en contacto con Cooley e John Dewey, filósofo co cal entablaría grande amizade. Este último foi contratado pola Universidade de Chicago e pediu como condición que se lle ofrecese un posto de docente a Mead. Este trasladouse xunto con Dewey e permaneceu en Chicago ata a súa morte en 1931.
Mead escribiu Mind, self and society. Na súa obra fala do concepto mente, que entende como facultade para aprender e manexar símbolos cuxos significados son compartidos por diferentes persoas. Soamente mediante esta facultade pódese establecer unha linguaxe baseada en significados establecidos por unha convención.
Mead consideraba que o acto de pensar é unha acción mediante a cal tomamos conciencia de nos mesmos e aprendemos a coñecer que comportamentos son socialmente aceptables. Facemos polo tanto unha serie de construcións mentais de forma que sabemos que papel debemos cumprir en diferentes situacións en relación ó noso comportamento. Esa construción denomínase outro xeneralizado e componse mediante o agregado das impresións que teñen os demais de nós.
- William Thomas
- John Dewey
- Robert Ezra Park