Escola de Menciñeiros
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa literatura que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Escola de menciñeiros é unha obra narrativa en galego, escrita por Álvaro Cunqueiro, publicada por Galaxia en 1960.
[editar] Argumento
Relata a vida dos menciñeiros e as costumes galegas daquela época. Xeograficamente sitúase en Mondoñedo e a Terra Chá.
[editar] Estrutura
A obra está prologada por Domingo García Sabell, que fala do papel de Cunqueiro como fabulador, e da importancia da mitoloxía e dos menciñeiros na cultura galega popular.
O texto en si está dividido en tres apartados, con quince relatos.
Escola de menciñeiros inclúe os dez primeiros capítulos ("Perrón de Braña", "Borrallo da Lagoa", "Xil da Ribeira", "Lamas Vello", "O Coxo de Entrebo", "Pardo das Pontes", "Silva da Posta", "O Señor Cordal", "Cabo de Lonxe" e "O Licho de Vilamor").
A seguir, vén o apartado Novidades do mundo e fauna máxica, onde fala de diversos animais reais e mitolóxicos.
Para rematar, Fábula de varia xente inclúe os cinco capítulos finais, que falan doutras cinco persoas ("Vilarego de Rubal", "Melle de Loboso", "Matías Vello", "Lomas do Pontigo" e "Loureiro de Pacios").