Escola de Frankfurt
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa filosofía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
So o nome de Escola de Frankfurt abránxense as investigacións de varios sociólogos, psicólogos, economistas e filósofos neo-marxistas asociados ao Instituto de Investigacións Sociais da Universidade de Frankfurt.
O proxecto do Instituto consistía en renovar a teoría marxista da época, incidindo sobre todo no desenvolvemento interdisciplinario e na reflexión filosófica sobre a práctica científica. Para esta tarefa conseguiu concitar os esforzos de estudiosos de diferentes ámbitos.
A Escola foi a primera institución académica alemá que abrazou abertamente o marxismo. Transladouse ao exilio americano durante o rexime nazi, para regresar a Frankfurt após a vitoria aliada.
Malia a que o Instituto continuaría activo so a dirección de Axel Honneth, adoito considérase Jürgen Habermas o último membro da Escola de Frankfurt como tal.