Escola de Barbiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Escola de Barbiana é un proxecto educativo creado por Lorenzo Milani nos anos 50 no barrio de Barbiana, na vila de Vicchio, na provincia italiana de Florencia. A escola creou e motivou debates pedagóxicos nos anos 60.

Historia[editar | editar a fonte]

Lorenzo Milani foi destinado á igrexa de Barbiana logo dalgunhas desavinzas co cardeal de Florencia. Alí comezou unha experiencia educativa única cos nenos e rapaces da zona que, por razóns xeográficas e socioeconómicas, estaban en clara desvantaxe académica respecto ós seus compañeiros de clase da cidade.

A escola axiña suscitou polémica e críticas tanto desde o mundo da Igrexa Católica (nin Xoán XXIII nin Paulo VI interviñeron ó su favor), como desde o laico. A resposta a estas críticas chegou co libro Lettera ad una professoressa (Carta a unha profesora)[1], libro escrito por alumnos da escola (como autor aparece a "Scuola di Barbiana"), que explicaba os inicios da Escola ó mesmo tempo que formulaba unha crítica construtiva á escola tradicional italiana, definida como "un ospedale che cura i sani e respinge i malati" (un hospital que cura ós sans e empeora ós enfermos). Criticaba a falta de preocupación polos rapaces con dificultades, mentres que se favorecía ós rapaces cunha formación familiar anterior, clase esta personificada en "Pierino del dottore" (un típico rapaz, fillo dun profesional de clase alta, que xa sabía ler ó chegar á escola).

Características[editar | editar a fonte]

A innovación da experiencia de Barbiana parte dalgúns presupostos únicos e orixinais, sintetizados no lema en inglés: I care.

Deste lema parte o principio de que a escola debe ser pensada como os labores do campo, ocupando os rapaces practicamente todo o día e os sete días da semana. É unha escola aberta, onde a programación é concordada entre os rapaces e onde eles mesmos son os mestres.

As ideas propostas polo mestre foron consideradas revolucionarias e perigosas na súa época.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Daniel Salgado (11 de febreiro de 2019). "Libros para educar na emancipación". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2019. )

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]