Escoba
Chamase escobas ás pezas que nunha máquina eléctrica conectan un circuíto fixo con outro móbel.
A configuración normal está formada por unha serie de aneis (dous en corrente monofásica e tres en trifásica) aos que se conecta cadansúa escoba. Nas máquinas de corrente continua, en lugar de aneis existe un colector. Hoxe tamén son moi comúns os motores sen escobas.
[editar] Historia
O primeiro elemento que se utilizou para levar corrente eléctrica de una masa xiratoria a una masa estacionaria foi, precisamente, una escoba ou brocha. O inventor tomando un cable con una serie de filamentos metálicos agrupounos con un anel metálico, como una brocha de barbear, e conectouno a unha forma de anel rozante. De aí, que o seu nome orixinal en inglés fose brush. Esta solución resultou ser relativamente práctica para máquinas pequenas e lentas, pero na medida que as potencias dos xeradores se foron facendo mais importantes, a brocha de pelos metálicos fíxose insuficiente porque era moi fráxil.
Pasouse entón á escoba sólida, primeiro de metal e até hoxe, de carbón.