Escifozoos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escifozoos
(Scyphozoa)
Chrysaora Colorata.jpg

A medusa Chrysaora colorata

Clasificación científica
Superreino Eukarya
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Radiata
Filo: Cnidaria
Clase: Scyphozoa Goette, 1887
Ordes

Os escifozoos (Scyphozoa, do grego σκύφος skyphos, 'cunca', 'copa', e ζωον zoon, animal) son unha clase do filo dos cnidarios (Cnidaria) coa fase de pólipo, sésil, moi reducida. De feito, son os cnidarios aos que máis frecuentemente se alude como medusas, xa que esta é a fase que prediomina no seu ciclo biolóxico e acostuman, ademais, a seren máis grandes que as hidromedusas, cun diámetro de entre 2 e 40 cm, aínda que en Cyanea capillata pode chegar até os 2 m[1] e ter os tentáculos de 60 a 70 m de lonxitude.[2]

As meduses son organismos transparentes e xelatinosos cuxo corpo pode estar formado até por un 95 % de auga. Case todas viven nos océanos, coñecéndose unhas 200 especies, presentes en todos os mares.

Normalmente utilízase o nome común medusa para identificalas, aínda que tamén se usa este nome vulgar para os representantes das clases dos hidrozoos (Hydrozoa) e cubozoos (Cubozoa).

Características[editar | editar a fonte]

Como todos os cnidarios, o corpo das medusas é basicamente un saco con simetría radial formado por dúas capas de células —o ectoderma, no exterior, e o endoderma no interior— cunha masa xelatinosa entre elas, chamada mesoglea e aberto cara ao exterior. Ao redor da abertura, as medusas presentan unha coroa de tentáculos con células urticantes, os cnidocitos, capaces de disparar unha minúscula espiña ou nematocisto que contén unha toxina.

As medusas usan estes "aparellos" non só para se defenderen dos depredadores, senón tamén para inmobilizaren ás súas presas, como un pequeno peixe, para se alimentaren.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Segundo o "Système d'Information Taxonomique Intégré":

Segundo a "Animal Diversity Web":

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barnes, R. D. (1983): Zoología de los invertebrados, 3ª edición. Méxicpo D. F.: Interamericana. ISBN 968-25-0094-X
  2. Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006) Principios integrales de zoología, 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Escifozoos
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Escifozoos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • D'Ancona, Humberto (1972): Tratado de Zoología. Tomo II. Zoología especial. 4ª ed. Barcelona: Editorial Labor, S. A. pp. 505-510.
  • Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006): Principios integrales de zoología. 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Ruppert, Edward E., Fox, Richard S. e BARNES, Robert D. (2005):Zoologia dos invertebrados: uma abordagem funcional-evolutiva. 7º ed. São Paulo: Roca. ISBN 8572415718.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]