Escherichia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escherichia
Imaxe de microscopía electrónica dun grupo de Escherichia coli
Imaxe de microscopía electrónica dun grupo de Escherichia coli
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Enterobacteriales
Familia: Enterobacteriaceae
Xénero: ''Escherichia''
Castellani & Chalmers 1919
Especies

E. albertii
E. blattae
E. coli
E. fergusonii
E. hermannii
E. vulneris

Escherichia é un xénero de bacterias pertencente á familia Enterobacteriaceae. É unha bacteria Gram negativa, non formadora de esporas, anaerobia facultativa.[1] Forma parte da flora intestinal dos animais de sangue quente, onde Escherichia proporciona unha parte da súa produción de vitamina K ao seu hóspede. Algunhas especies de Escherichia son patóxenas.[2] O xénero recibiu o seu nome por Theodor Escherich, que descubriu a especie E. coli

Patoxénese[editar | editar a fonte]

A pesar de que a maioría das especies de Escherichia son comensais inofensivos, algunhas cepas son patóxenos humanos,[3] causantes de infeccións do tracto urinario,[4] e enfermidades gastrointestinais que varían entre unha simple diarrea ata unha disentería;[1] tamén é causante dunha ampla gama de estados patolóxicos.[5] A pesar de que Escherichia coli é responsable da gran maioría das enfermidades provocadas por este grupo de bacterias en humanos, outros membros do xénero tamén poden producir infeccións.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Madigan M; Martinko J (editors).. Brock Biology of Microorganisms (11th ed.). ISBN 0-13-144329-1.
  2. C.Michael Hogan. 2010. Bacteria. Encyclopedia of Earth. eds. Sidney Draggan and C.J.Cleveland, National Council for Science and the Environment, Washington DC
  3. Guentzel MN. Escherichia, Klebsiella, Enterobacter, Serratia, Citrobacter, and Proteus. In: Baron's Medical Microbiology (Baron S et al., eds.) (4th ed.). ISBN 0-9631172-1-1. (via NCBI Bookshelf).
  4. Ronald A. The etiology of urinary tract infection: traditional and emerging pathogens. DOI:10.1016/S0011-5029(03)90001-0. PMID 12601338.
  5. "The Species of Escherichia other than E. coli". The Prokaryotes. http://141.150.157.117:8080/prokPUB/chaphtm/142/11_00.htm. Consultado o 05-05-2006.
  6. Pien FD, Shrum S, Swenson JM, Hill BC, Thornsberry C, Farmer JJ 3rd. Colonization of human wounds by Escherichia vulneris and Escherichia hermannii. PMC 268376. PMID 3897270. //www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=268376.
  7. Chaudhury A, Nath G, Tikoo A, Sanyal SC. Enteropathogenicity and antimicrobial susceptibility of new Escherichia spp. PMID 10897892.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]