Escarapote
| Escarapote | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Scorpaena scrofa | ||||||||||||
O escarapote (Scorpaena scrofa, aínda que tamén reciben este nome outras especies do mesmo xénero) é un peixe da familia dos escorpénidos de cor vermella e cuberta de espiñas. O seu peso pode chegar até case os 3 kg pero son raros os exemplares de máis de 1,5-2 kg. Normalmente atópase a profundidades desde os 10 aos 500 m, aínda que é posible atopalos con pouca auga semienterrados na area.
Índice |
[editar] Características
Durante o día permanecen aletargados en gretas rochosas, e pola noite saen dos seus agochos para buscar comida, quedan inmóbiles e grazas á súa camuflaxe conseguen capturar pequenos peixes e crustáceos. A súa pel cóbrese de algas e aproximadamente cada dúas semanas realizan unha muda da mesma.
[editar] Nome común
Coñecido normalmente por escarapote , en castelán denomínase escorpena ou rascacio (hai varias especies do xénero Scorpaena). En Cataluña chámase escórpora e no Cantábrico como cabracho, sendo tamén coñecido en Asturias como tiñosu. En Baleares chámase cap roig e en Murcia como gallina. No País Vasco coñéceselle como itsaskabra (cabra de mar en euskara). En Canarias coñéceselle como cantarero.
[editar] Usos
En culinaria é un peixe moi valorado, de altísima calidade. En Cataluña prepárase cocido con patacas, nun famoso prato que se coñece co nome de suquet de peix.
É común facer un pastel deste peixe, coñecido como pastel de escarapote.