Escala de Bristol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escala das feces de Bristol.

A escala de Bristol ou escala das feces de Bristol é unha táboa visual empregada en medicina coa fin de clasificar a forma das feces humanas en sete grupos. Foi desenvolta por vez primeira por Heaton e Lewis na Universidade de Bristol e foi publicada en 1997 no Diario escandinavo de gastroenteroloxía.[1]

A forma das feces depende do tempo que estas pasen no colon, unha parte do intestino groso.[2]

No Reino Unido ás veces refírese a esta escala coma Escala de Meyers.[3]

Tipos de feces[editar | editar a fonte]

Os sete tipos de materia fecal son os seguintes:

  • Tipo 1: Trozos duros separados, como noces, que pasan con dificultade.
  • Tipo 2: Como unha salchicha composta de fragmentos.
  • Tipo 3: Con forma de morcilla con fendas na superficie.
  • Tipo 4: Como unha salchicha; ou serpe, lisa e branda.
  • Tipo 5: Trozos de masa pastosa con bordes definidos, que son defecados facilmente.
  • Tipo 6: Fragmentos brandos e esponxosos con bordes irregulares e consistencia pastosa.
  • Tipo 7: Acuosa, sen pedazos sólidos, totalmente líquida.

Os tipos 1 e 2 indican obstipación; os 3 e 4 son feces ideais, especialmente o 4, zaa que son os máis doados de defecar; os tipos 5, 6 e 7 tenden cara á diarrea ou o cólera.[2]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lewis SJ, Heaton KW. Stool form scale as a useful guide to intestinal transit time. PMID 9299672.
  2. 2,0 2,1 The Continence Foundation of Australia. "Bristol Stool Chart". http://www.continence.org.au/site/index.cfm?display=112715.
  3. Meyers Scale