Escala Fujita-Pearson mellorada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A escala Fujita-Pearson mellorada é unha actualización e variación feita sobre a escala Fujita-Pearson de medición do dano dun tornado. Esta proposta comezou a funcionar en febreiro de 2007.

Escala[editar | editar a fonte]

A escala abrangue seis niveis, dende o 0 ao 5.

Intensidade Velocidade do vento Danos posíbeis
EF0 105–137 km/h
(65-85 mph)
Leves. Levántanse as superficies dalgúns tellados, así como os canlóns e os revestimentos dalgunhas casas. Tamén rompen as pólas das árbores.
EF1 138–178 km/h
(86-110 mph)
Moderados. Destrúense os tellados e as casas móbiles envorcan ou destrúense. As portas de fóra e as fiestras resultan danadas. Os vidros rachan.
EF2 179–218 km/h
(111-135 mph)
Considerables. Levántanse os tellados das casas ben construídas, e as casas móbiles resultan completamente destruídas. As árbores de gran tamaño poden ser arrincadas de raíz. Os coches tamén son levantados do chan. O vento pode facer que pequenos obxectos sexan impulsados a grande velocidade.
EF3 219–266 km/h
(136-165 mph)
Graves. Destrúense andares completos de edificios ben construídos. Os trens envorcan, así coma os coches máis pesados. Determinadas estruturas non moi ben alicerzadas poden levantarse e ser proxectadas a unha certa distancia.
EF4 267–322 km/h
(166-200 mph)
Devastadores. Destrúense casas enteiras, tamén as ben construídas. Os coches saen proxectados a grandes distancias.
EF5 Máis de 322 km/h
(máis de 200 mph)
Extremadamente destrutivos. Edificios enteiros son arrincados dos seus alicerces. Os coches guíndanse a máis de 100 metros (109 iardas). Non se rexistraron aínda tornados deste grao dende a entrada en funcionamento da escala.