Escítala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha escítala.

Unha escítala (grego antigo: σκυτάλη, skytálē, que significa "bastón") ou bastón de Licurgo[1] é un sistema de criptografía utilizado polos éforos espartanos para envío de mensaxes secretas. A escítala está formada por dúas varas de espesor variábel, pero ambas de espesor semellante) e unha tira de coiro ou papiro, que tamén se poden denominar escítalas.

O sistema consistía en dúas varas do mesmo espesor que estaban cada unha en poder dun dos participantes na comunicación. Para enviar unha mensaxe era enrolada unha tira de forma espiral a un dos bastóns e era escrita a mensaxe lonxitudinalmente, de forma que en cada volta da tira aparecese unha letra de cada vez. Unha vez escrita a mensaxe, a tira era desenrolada e era enviada ao receptor, que só tiña que a enrolar no bastón xemelgo para ler a mensaxe orixinal.

Podemos encontrar unha descrición do procedemento na obra de Plutarco, Vida de Lisandro.

Os gregos antigos, e en particular os espartanos, utilizaron este sistema de cifrado de transposición para se comunicar nas campañas militares.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Victor Manuel Calhabrês Fiarresga. "Criptografia e Matemática" (PDF). Consultado o 29-5-2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]