Escáncer cego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escáncer cego
Rango fósil: Cretácico - Recente
Amphisbaenia.JPG
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Amphisbaenia
Familia: Amphisbaenidae
Xénero: Blanus
Especie: B. cinereus
Nome binomial
Blanus cinereus
Vandelli, 1797
Distribución de Blanus cinereus.

Distribución de Blanus cinereus.
Sinonimia
  • Amphisbaena reticulata, Thunberg, 1787.
  • Amphisbaena cinerea, Baptista, 1789.
  • Amphisbaena oxyura, Wagler, 1824.
  • Amphisbaena rufa, Hemprich, 1829.
  • Blanus cenereus, Wagler, 1830.

O escáncer cego, (Blanus cinereus), é unha especie de réptil escamado da familia Amphisbaenidae. É o único anfisbeno de Europa.

Descrición[editar | editar a fonte]

Rostral de talla mediana, os machos poden alcanzar unha lonxitude de 254 mm, as femias son menores, coa cola, que ocupa entre un 8 a un 11% da lonxitude total. A testa ten forma trapezoidal e esta separada do corpo por un asuco transversal dorsal. A súa cor varía entre o rosa grisáceo e todos os tons posibles do marrón, co bandullo de tons máis claros. Citáronse exemplares parcialmente albinos. Posúe 7 dentes premaxilares, 4-4 maxilares, 7-7 mandibulares. A muda de pel realízase dunha soa vez como os ofidios.

Distribución[editar | editar a fonte]

Distribúese exclusivamente pola Península Ibérica, considéraselle un endemismo ibérico, xa que as poboacións do Norte África describíronse como novas especies, aínda que o coñecemento da súa distribución é escaso, debido ao caracter críptico e subterráneo desta especie. Análises filoxeográficos baseados en marcadores mitocondriais sinalaron que na Península Ibérica hai dúas liñaxes que podrian representar especies diferentes,[1] outras análises de ADN apoia o anterior, un no sueste e outro no centro da península.[2]

Practicamente ausente nos pisos bioclimáticos eurosiberianos, é dicir o norte e noroeste da península. En España o seu límite norte está en Tarragona, Zaragoza, sur de Navarra, Burgos e Zamora, en Galicia atópase en zonas con marcada influencia mediterránea de Ourense. En Portugal o seu límite setentrional atópase no val do Douro.

Hábitat[editar | editar a fonte]

É unha especie termófila, está presente en gran número de ecosistemas mediterráneos, sendo nalgunhas localizacións relativamente abondosa, aínda que a densidade non é nunca moi alta. Os seus hábitos son enteiramente subterráneos, aínda que relativamente superficiais, sendo moi raro vela na superficie. Áchase asociada a zonas cálidas mais cunha certa humidade, onde se localiza xeralmente baixo pedras, tanto en terreos calcáreos como graníticos, con marcada preferencia polos chans arenosos cuvertos de follas, nos que é máis fácil escarvar. Atópase en bosques e matogueiras de aciñeira, (Quercus rotundifolia), xenebreiro, (Juniperus oxycedrus), carballos ananos, (Quercus pyrenaica) e piñeirais, (Pinus sp.) no piso mesomediterráneo pero sempre en áreas moi cubertas. Depredador xeralista aliméntase xeralmente de larvas de insectos, formigas, escaravellos, arañas, seudoescorpións, chegado escepcionalmente a capturar lagartixas

Localízase dende o nivel do mar até os 1.600- 1.700 metros no Sistema Central e mesmo acada os 1.800 metros en Serra Nevada, aínda que parece máis abondoso por baixo do 1.000 m.

Depredación[editar | editar a fonte]

Entre os seus depredadores atópanse réptiles coma Lacerta lepida, Macroprotodon brevis, Malpolon monspessulanus e a Vipera latastei. Entre as aves o Buteo buteo, Milvus milvus, Lanius excubitor. Entre os mamíferos, Genetta genetta, Vulpes vulpes, Sus scrofa, e Eliomys quercinus.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vasconcelos et ao. 2006.
  2. As poboacións do clado meridional foron descritas como Blanus mariae Albert e Fernández, 2009 (Localidade tipo:Loulé, Faro, Portugal; holotipo: MNCN 44.638
    Wikispecies-logo.svg
    Wikispecies posúe unha páxina sobre: Blanus mariae

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Escáncer cego
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escáncer cego Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]