Esbat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O esbat é a celebración da lúa chea por parte da Wicca. Adoitan ser festas máis pequenas e con moita menos parafernalia ritualista que os sabbats, por que normalmente van acompañados de meditación e de observancia ritual, en grupo ou en solitario, ademais de ser unhas festas moi solemnes. Celébranse, de preferencia, pola noite, aínda que o poder e a influencia da lúa chea tamén está presente polo día.

A palabra Esbat ven da palabra francesa s'ebattre, que significa divertirse. Orixinariamente, estas reunións privadas tiñan lugar na obscuridade da noite, dentro dun bosque, nun claro, e nunha zona moy profunda a ser preferible. Na Wicca é importante a proximidade ós elementos, polo que moitos wiccanos realizan as cerimonias "revestidos de ceo", é dicir, espidos ó aire libre. (É unha manifestación de inocencia e de retorno á natureza, aínda que isto non é necesario, existen moitos grupos que traballan vestidos).