Erupción límnica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha erupción límnica (tamén chamado fenómeno do lago explosivo) é unha estraña catástrofe natural, no cal o dióxido de carbono entra en erupción de súpeto dende o fondo dun lago, asfixiando á fauna, ao gado e aos seres humanos. Tal erupción tamén pode orixinar tsunamis no lago na medida que o CO2 sobe á superficie desprazando á agua. Esta sorte de erupcións son máis propensas, segundo os estudosos, en lugares de actividade volcánica e de corrementos de terras e certas explosións poden desencadear unha erupción límnica.

Algunhas características da actividade límnica son:

  • Altas concentración de CO2 na auga.
  • Fondo lacustre frío sinalando unha ausencia de interacción volcánica directa coas augas.
  • Capas de estrato con diferente niveis de saturación de CO2.
  • Áreas de actividade volcánica.

Os científicos determinaron non hai moito[Cómpre referencia] que as erupcións límnicas e as erupción volcánicas, aínda que están indirectamente relacionadas, son realmente distintos tipos de desastres naturais.

Casos na historia[editar | editar a fonte]

Estado do Lago Nyos, Camerún, logo dunha erupción límnica

Este fenómeno só foi observado dúas veces. A primeira vez foi no Lago Monoun de Camerún en 1984, que causou a asfixia e morte de 37 persoas que vivían nas proximidades do lago. O segundo caso foi unha infernal erupción acontecida no tamén camerunés Lago Nyos en 1986, na que se liberou máis de oitenta millóns de metros cúbicos de dióxido de carbono e matou a case 1800 persoas, por asfixia.

Debido á natureza do evento, é difícil nomear outros casos, mais, o Lago Kivu que comparten Ruanda e a República Democrática do Congo, contén grandes cantidades de CO2 disolto. O profesor Robert Hecky, da Universidade de Michigan tomou sedimentos de mostra do Lago Kivu e chegouse ao resultado de que aproximadamente cada mil anos, os seres vivos que moran no lago extínguense.

Causas[editar | editar a fonte]

Para que se desenrole unha erupción límnica, un lago ten que estar saturado cun gas. Nos dous casos coñecidos, o maior compoñente era o dióxido de carbono, que proviña do gas volcánico emitido baixo o lago. Antes que un lago estea saturado, é dicir, antes da erupción, o lago co CO2 disolto compórtase coma unha bebida gasosa. Tanto na gasosa coma no lago, o gas disólvese moito máis rápido segundo máis presión teña, esta é a razón pola cal as burbullas nunha botella se forman só despois que aberta. No caso dos lagos, o seu fondo posúe unha maior presión (a máis profundidade, máis presión). Isto quere dicir que enormes cantidades de CO2 poden ser disoltas nos lagos grandes e profundo. Ademais, o CO2 disólvese máis rápido en auga fría, como é a do fondo dun lago grande. Máis por moi grande que sexa o lago, a diferenza de temperatura duns poucos graos non é determinante, polo que o factor da presión é o principal.

Unha vez que o lago estea saturado de CO2, atópase nun punto crítico e moi inestábel, e unha mínima variación abonda para que se desencadee a erupción. No caso de 1986 do Lago Nyos, os aluvións foron os supostos iniciadores, pero unha erupción volcánica, un terremoto, ou incluso unha tormenta poden ser os detonantes. En calquera caso, o axente que provoca a erupción fai unha modificación nalgunha parte das augas saturadas da superficie do lago, onde a presión propia do lago non dá mantido ao CO2 dentro da solución. E entón, comezan a formarse burbullas, e a agua ascende na flotabilidade do lago, onde incluso máis CO2 é liberado. Este proceso forma una columna de gas. Neste punto, a auga do fondo desta columna ascende por succión, perdendo o CO2. Esta erupción solta CO2 ao ar, e despraza a auga formando un tsunami.

Só os lagos profundos, estables, tropicais e volcánicos como o Lago Nyos, son propensos ás erupción límnicas. Debe ser o bastante fondo para posuír a suficiente presión que manteña a cantidade axeitada de CO2 na solución. Tamén a temperatura do lago debe variar entre primavera e inverno, para que a auga do fondo do lago se mesture coa da superficie, e deste xeito o CO2 suba e chegue a onde a presión é demasiado baixa como para permanecer na solución e escape á atmosfera. O perigo permanente de erupción vén dado pola existencia dunha fonte de CO2.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Ocorrido o fenómeno do lago explosivo, unha gran nube de CO2 fórmase sobre a superficie do lago. Esta, nube de CO2 ao ser máis denso que o aire, tende a permanecer a baixa altitude, empuxando ao aire respirábel sobre el. Así pois, as zonas limítrofes aos lagos atéiganse de CO2 e os seres vivos envelénanse, o CO2 acidifica os fluídos humanos. Como as vítimas fan esforzo por rerpirar, en realidade acaban facéndose máis dano a si mesmas pola inhalación do CO2.

No Lago Nyos, a nube de gas descendeu do lago a unha aldea cercana na que se estableceu, matando a case toda á súa poboación. Nesta erupción, algunhas persoas faleceron a máis de 25 quilómetros de distancia do lago. O cambio de cor da pel dalgúns cadáveres fíxolle pensar aos científicos que a nube de gas podería ter contido un ácido disolto, como cloruro de hidróxeno. Millares de animais salvaxes e bovinos tamén morreron asfixiados, pero non se contabilizaron. A vexetación non foi maiormente afectada, agás aquela adxacente ao lago. Aí a vexetación foi arrasada por un tsunami de cinco metros de alto orixinado na erupción límnica.

Posíbel solución: Desgasificar os lagos[editar | editar a fonte]

Desgasificación no Lago Nyos.

Aínda non hai un modelo de solución á erupción, pero hai unha proposta para previr este tipo de catástrofes, que é a desgasificación dos lagos afectados. Un equipo de científicos franceses empezaron a experimentar no lago Monoun e no Nyos en 1990, usando sifóns para desgasificar as augas dun xeito controlado. Colócase un tubo verticalmente no lago cunha boqueira na superficie das augas. A auga saturada de CO2 entra polo fondo do tubo e sube por el. A presión máis baixa na superficie permite que o gas saia da solución en forma de burbullas. A auga desgasificada actúa como unha bomba, aspirando máis auga do fondo do tubo, polo que o fluxo é continuo e autónomo. Este é o mesmo proceso que ocorre nunha erupción natural, mais neste caso contrólase mediante o diámetro do tubo.

Cada tubo ten unha capacidade limitada de bombeo, polo que se requiren varios para desgasificar unha fracción significativa das augas profundas do lago e manter o lago seguro. Estas augas son lixeiramente ácidas debido ao CO2 disolto, que causa corrosión nos tubos e precisa dunha atención electrónica constante. Existe tamén o temor de que o CO2 dos tubos poida permanecer na superficie do lago formando unha delgada capa de aire irrespirable, causando problemas na fauna.

En xaneiro do 2001, un só tubo foi instalado no lago Nyos. Un segundo tubo instalouse no lago Monou a finais do 2002. Crese que dous tubos son suficientes para previr un incremento nos niveis de CO2, removendo aproximadamente a mesma cantidade de gas que naturalmente entraría no fondo do lago.

Perigo potencial do Lago Kivu[editar | editar a fonte]

Vista satélite do Lago Kivu

O lago Kivu non é so dúas mil veces máis grande que o Nyos, senón que ademais se sitúa nunha área máis densamente poboada, con máis de dous millóns de persoas vivindo nas súas beiras. Afortunadamente, non ten unha grande saturación de CO2 aínda. Se a auga se saturase, poñeríase en grave perigo a vida humana e animal, xa que está localizado preto o monte Nyiragongo, un volcán activo que fixo erupción en xaneiro de 2002. O lago tamén está nunha zona de constante actividade sísmica.

A desgasificación do Lago Kivu, de modo similar que o lago Monoun e o Nyos, non foi aínda posta en marcha, debido a que o tamaño do lago e o volume do gas significa custos de operación moi elevados, de millóns de dólares. Non se iniciou un plan para reducir o perigo potencial que posúe o lago Kivu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]