Erromintxela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Erromintxela é o nome que recibe a fala dos xitanos de Euskadi. É unha variante da lingua romaní, con grandes influencias do éuscaro. Ademais, o grupo humano que o fala tamén é denominado erromintxela. Este grupo étnico, parte do pobo xitano, vive nas provincias de Biscaia, Guipúscoa, Navarra, en Labort e nas zonas montañosas de Soa.

O estudo deste dialecto do romaní comezou no ano 1885. E en 1921 estudárono Berraondo e Oyarbide.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]