Ernst von Glasersfeld
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ernst von Glasersfeld, nado en Múnic o 8 de marzo de 1917 e finado en Leverett, Condado de Franklin (Massachusetts), o 12 de novembro de 2010, foi un filósofo e cibernético teórico do construtivismo radical. Traballou como Profesor Emérito de Psicoloxía na Universidade de Xeorxia, e Profesor Adxunto no Departamento de Psicoloxía na Universidade de Massachusetts. Foi membro da American Society of Cybernetics, recibiu o premio científico McCulloch Memorial Award en 1991.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Páxina Oficial de Glasersfeld (en inglés) (en alemán)