Ernst Abbe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ernst Abbe

Ernst Abbe, nado en 1840 e finado en 1905, foi un Físico, matemático, astrónomo e industrial alemán.

[editar] Traxectoria

Naceu en Eisenach nunha familia de orixe humilde e morreu en Jena. Entre 1870 e 1896 foi profesor de Física na Universidade de Jena.
Dirixiu a fábrica de óptica de Carl Zeiss en Jena (1875). En 1878 foi nomeado Director do Observatorio astronómico de Jena.

A el débense moitos progresos na óptica instrumental. Ideou un refractómetro, un condensador para microscopios(Condensador de Abbe), unha cámara lúcida (Prisma de Abbe), etc.

[editar] Galería de imaxes

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas