Erik Gunnar Asplund
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Erik Gunnar Asplund, nado o 22 de setembro de 1885 e falecido o 20 de outubro de 1940, foi un arquitecto sueco.
Traxectoria [editar]
Asplund formouse artísticamente na escola romántica sueca. As súas primeiras obras seguen esa orientación que pouco a pouco vai abandonando para crear unha versión moderna e moi persoal do neoclásico.
En 1930 constrúe os pavillóns da Exposición Internacional de Estocolmo, completamente modernos. Naquel ano a arquitectura moderna está representada principalmente polo racionalismo de Alemaña, Países Baixos e Francia. Asplund adopta as formas deste movemento, pero reinterprétao dunha forma persoal, máis libre e espontánea, na liña que pode considerarse de estilo orgánico.
Obras destacadas [editar]
- Biblioteca Pública de Estocolmo[1] (1918-1927), modelo para moitas bibliotecas posteriores.
- Ampliación da Casa do concello de Gotemburgo (1934-1937), obra de gran interese xa que resolve o problema estilístico de incorporar unha construción moderna a un edificio antigo.
- Crematorio do Cemiterio Sur de Estocolmo, deseñado xunto a Sigurd Lewerentz. Foi declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade.
Notas [editar]
- ↑ Ficha da Biblioteca de Estocolmo en greatbuildings.com (en inglés).