Erich Hartmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaErich Hartmann

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Erich Alfred Hartmann Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de abril de 1922 Editar o valor em Wikidata
Weissach (República de Weimar) Editar o valor em Wikidata
Morte20 de setembro de 1993 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Weil im Schönbuch, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCancro de cerebro Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaviador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1940 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeAlemaña nazi Editar o valor em Wikidata
Rama militarLuftwaffe (pt) Traducir e Luftwaffe Editar o valor em Wikidata
Rango militarCoronel Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 20062 Editar o valor em Wikidata

Erich Alfred Hartmann (19 de abril de 1922 - 20 de setembro de 1993) foi o máis exitoso as na historia do combate aéreo con 352 aparellos inimigos abatidos (345 soviéticos) en 825 combates mentres servía na Luftwaffe na segunda guerra mundial.

Hartman naceu na localidade de Weissach onde seu pai era médico, en 1940 ingresou na Lufwaffe e recibiu un intensivo adestramento durante dous anos ata que como piloto de caza, un Messerschmitt Bf 109G entrou en combate en 1942 na fronte do leste, realizou as súas primeiras cen misións no cru inverno de 1942-1943 con sete derrubamentos. Pero máis tarde pasou á patrulla que mandaba Hermann Graf, un dos grandes ases da aviación alemá, e Hartmann mellorou a súa táctica que consistía principalmente en abater o inimigo desde lonxe e a maior altura, fría e calculadoramente, sen desperdiciar munición tirando sobre seguro. O 7 de xullo de 1943 abateu setes avións durante o transcurso da batalla de Kursk, en agosto levaba abatidos 90 aparellos inimigos pero o 20 de agosto a artillaría antiaérea atinxiu o seu aparello, Hartmann conseguiu aterrar pero foi capturado polo exército soviético, pero logrou fuxir cara ás liñas alemás, ós poucos días ascendía a subtenente.

O 29 de outubro recibiu a Cruz de Cabaleiro da Cruz de Ferro, en marzo chegou ás 200 vitorias e foi recibido por Hitler, ascendeu a tenente e foi designado xefe de Rotte. En outubro de 1944 despois de chegar ás 300 vitorias foi ascendido a capitán tomando o mando da Staffel 4. En febreiro de 1945 foi nomeado comandante da Jagdgeschwader 52, Hartmann abateu o último avión inimigo o 8 de maio. Hartmann rendeuse co resto dos seus homes ás tropas norteamericanas pero foron entregados aos soviéticos, sometido a xuízo foi condenado a vinte anos de prisión, en 1955 foi liberado, volveu a Alemaña e integrouse de novo na forza aérea alemá.