Eric Lenneberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEric Lenneberg
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Düsseldorf, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte31 de maio de 1975 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
White Plains, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Universidade de Chicago Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoNeurolingüística e psicoloxía cognitiva Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpsicólogo , lingüista , neurólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade Cornell
Universidade de Míchigan Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Eric Heinz Lenneberg, nado en Düsseldorf en 1921 e finado en 1975, foi un lingüista alemán que introduciu algúns temas no estudo da adquisición da linguaxe e da psicoloxía cognitiva, e máis en xeral sobre o innatismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fuxiu aos Estados Unidos durante a época nazi, pois era xudeu. Foi profesor de psicoloxía e traballou na Facultade de Mecidina da Universidade Harvard e na Universidade de Míchigan en Ann Arbor.

O seu artigo A capacidade da adquisición da linguaxe (1964) introduce os argumentos seminais recollidos máis tarde por Noam Chomsky e popularizados por Steven Pinker no seu libro O instinto da linguaxe.

Lenneberg presenta catro argumentos para o innatismo biolóxico das capacidades psicolóxicas construídos en paralelo a argumentos biolóxicos a favor do innatismo dos riscos físicos:

  1. A aparición universal dun risco nun momento único en toda unha especie, que é un risco "típico da especie".
  2. Aparición universal no tempo para un grupo: non simplemente un artefacto de historia cultural, o que é, de novo, unha característica diagnosticada como "típica da especie".
  3. Non é posíbel aprender o risco.
  4. O desenvolvemento individual dun risco segue rixidamente un padrón dado, independentemente da experiencia particular do organismo.