Eric Hicks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eric Hicks
Pivote
Nacemento 27 de novembro de 1983 (30 anos)
Carolina do Norte Greensboro, Carolina do Norte
Nacionalidade Estados Unidos Estados Unidos
Altura 2,00 m (6 ft 6 in)
Peso 111 kg (245 lb)
Liga LEB
Universidade Cincinnati
Carreira dende 2007
Equipos NCAA Cincinnati Bearcats (2003-2006)
Bélxica Base Oostende (2006-2007)
Polonia Polpak Świecie (2004-2007)
Russia K. K. Samara (2008-2009)
Bélxica Base Oostende (2009-2010)
Polonia Anwil Włocławek (2010)
Premios

1× Liga belga (2007)
1× All-Star Polonia (2008)
1× Equipo Ideal Big East (2006)
1× Quinteto defensivo NCAA (2006)

Eric Cory Hicks, nado o 27 de novembro de 1983 en Greensboro, Carolina do Norte, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou en 2011 para o Club Baloncesto Breogán de Lugo na Liga LEB. Formado na Universidade de Cincinnati, onde case fixo media un dobre-dobre por encontro, cunha altura de 2,00 metros, pode xogar nas posicións de pivote e ala-pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Instituto[editar | editar a fonte]

Hicks fixo medias de 30,7 puntos, 12,3 rebotes e 6,7 tapóns por partido durante o seu ano senior no instituto James B. Dudley Senior High School. Ese ano bateu o record de tapóns nun ano (210), ademais de conseguir a marca máis grande de tapóns durante todo a carreira (453). Foi MVP do Derby Classic, liderando ao seu equipo ao campionato con 24 puntos por partido, e gañando o concurso de mates.

Universidade[editar | editar a fonte]

No seu primeiro ano na Universidade de Cincinnati, Hicks fixo medias de 2,5 puntos, 3,6 rebotes e 1,3 tapóns en 13,6 minutos por encontro. Hicks deixa o equipo durante a campaña 2002-03, antes de regresar de novo. Como sophomore mellorou bastante a súa aportación, converténdose no segundo máximo reboteador (5,8) e taponador (1,2) do equipo, tendo a mellor marca en porcentaxe de tiros de campo (59,0%). Tamén contribuíu con 7,0 puntos por encontro.

Ao ano seguinte, pese a marcha do adestrador Bob Huggins e mitos xogadores do equipo, Hicks decidiu permaneces nos Bearcats durante o seu ano senior. No verán de 2005 Hicks participou coa selección estadounidense para o Campionato do Mundo universitario. Durante a tempada 2005-06, no seu último ano universitario, fixo medias de 15 puntos e 9,7 rebotes por encontro, pasando a formar parte do equipo ideal da Big East Conference. Ese ano participou nas ligas de verán da NBA con Miami Heat, e ao ano seguinte con Boston Celtics.

Equipos[editar | editar a fonte]

  • NCAA Cincinnati Bearcats (2003-2006)
  • Bélxica Base Oostende (2006-2007)
  • Polonia Polpak Świecie (2004-2007)
  • Russia K. K. Samara (2008-2009)
  • Bélxica Base Oostende (2009-2010)
  • Polonia Anwil Włocławek (2010)
  • LEB Breogán Lugo (2011)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]