Érbedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Erbedo")
Froitos
Arbusto

O erbedo, érbedo, erbedro, esbedro, erbedeira, moroteiro, morongueiro, morodoeiro, amoroqueiro ou albedro (Arbutus unedo) é un arbusto da familia das ericáceas, que produce uns froitos esféricos brandos entre vermellos e laranxas (fartabellacos). Dáse nos vales interiores dos grandes ríos, onda o clima mediterráneo, e as infrutescencias tomadas en grandes cantidades, pois son de sabor dóce cando están amadurecidos, producen diarrea. Destas características vénlle o nome científico, pois en latín:

  • arbutus significa "arbusto" (de aí que erbedo deba escribirse con b e non con v);
  • unedo procede de unum + edo, que é a conxugación do verbo latino edo, -is, -ere, "comer", pois só se pode ou debe comer unha infrutescencia para evitar males maiores;

Do seu nome parece ser que procede o topónimo do lugar onde se instalou o aeroporto de Alvedro, na Coruña, a pesar de que neste caso se respectou a ortografía antietomolóxica pola súa forte implantación.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas