Equilibrio estable

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un equilibrio é estable se pequenas perturbacións do sistema son seguidas por unha volta do sistema ó equilibrio. O sistema é, ó contrario, inestable se perturbacións pequenas se incrementan co paso do tempo, levando ó sistema lonxe da posición inicial ou de equilibrio.

En galego existen tamén dúas verbas para referirse coloquialmente a estas situacións: abalo (e o seu contrapunto debalo ou devalo), como nas pedras de abalar e terter.